lunes, 24 de marzo de 2008
festa da reconquista- 28 de marzo
¡A Reconquista de Vigo!
¿Qué se festexa?
Celébrase o feito de recuperar Vigo das máns napoleónicas , o 28 de marzo de 1809. Comezou con moita fedicia e ilusión nas rúas ó día seguinte cun "tedeum", na Colexiata, diante do Cristo da Victoria, que xa tiña este nome de moi atrás (s.XVIII)
Máis a fondo....¿cando é a celebración?
Lembrouse a batalla, os seguintes anos, o día do Cristo en diferentes datas. Mesmo foron xuntas en 1833, a festa da Patrona, a do Cristo e a da Reconquista.
No 1866 foi o 1º de xuño: lume, lucería, funcións relixiosas, concertos, certames poéticos e moito folclore.
O 1889 festexouse o 28 de marzo e o Alcalde invitou ós militares ós actos. No desfile portaban as bandeiras históricas das "alarmas"(unidades militares de voluntarios populares) os descendentes de quen as mandaron.
A festa pasou logo ó 1º de agosto, sempre coa do Cristo.
Moita sona tivo a do centenario (1909) Colocouse unha placa de bronce, na rúa da Victoria, onde estivo a Porta da Gamboa, e dedicáronlles rúas ó alcalde Xavier Velázquez Varela e a "Cachamuiñá". Houbo función ó Cristo e bailes populares. O concello goastou ¡2000 ptas!- incríble.
O memo ano acordouse erguer un monumento ós "heroes" na "pedra". A comisión encargoullo a González Pola e, no ano 1921, ponse a primeira pedra. Morre o escultor e periga o monumento (e as 35000 ptas axuntadas con esforzo); pero isto solucionarase cando un amigo do defunto -Alsuara-, decide facerse cargo de todo e continuar así a obra do seu compadre.
No 1947 érguese na Praza de España, pero o redor dos anos 60, unha fonte desprázao para onde está hoxe (na Pedra)
Anos despóis a data da celebración seguiu "saltando", pero nos anos 40, pasa definitivamente ó 28 de marzo por iniciativa do "Centro de Hijos de Vigo" - asociación proviguista.
Coa chegada da democracia a festa tendeu a un terreo máis cultural, ata o punto de se separar da festa relixiosa; isto fixo que perdera o seu sabor popular.
Pero ¿cal foi a súa trascendencia?
A reconquista tivo moitísima trascendencia, exemplarizou a España, xusto no momento en que cidades coma Zaragoza ou Xirona caían nas gadoupas napoleónicas. ¡Os franceses eran invencibles! - ¿¿por canto tempo??
En canto ás recuperacións en Vigo, antes da francesada, a cidade acadara certa prosperidade, coa industria e o comercio, que a guerra detivo. Esgotarónse os cartos e costou moito recuperalos. O pobo - que aproba a Constitución de Cádiz- loitou a prol da traizón, da relixión, da Coroa e da patria. A Reconquista de Vigo foi un feito moi valioso.
No seo económico quedou mal: sen homes -que estaban na guerra-, sen cartos e o mar e o campo abandoados. Mais un fermoso feito animou a pobo a sobrepoñerse: a "Vila Nobre e Moi Leal" pasou a ser a actual "Fiel, Leal e Valerosa Cidade de Vigo". Isto, serviu para inxectar potentes doses de orgullo e patriotismo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario