martes, 8 de marzo de 2011

PASEO DOS PEIXES


San Miguel de Bouzas é unha parroquia do concello de Vigo. Ten unha entidade de poboación e aproximadamente 5.000 veciños (2003). Limita coas parroquias de Alcabre e Coia e pertence ó arciprestado de Vigo-Polígono. Bouzas foi un concello independente ata 1904.

É unha das parroquias máis antigas e tamén máis grandes. A igrexa parroquial foi construída encol dunha rocha no século XVI e reedificada no XVII. Foi o corazón mariñeiro de Vigo. No 1501 o bispo de Tui concedeulle o dereito de ter alfolín (depósito de sal e de carga e descarga de mercadorías). Segundo algúns historiadores, o cruceiro vello (construído no 1802) marca o lugar onde naceu a vila. Consérvanse numerosas casas nobres, que reflicten a puxanza de Bouzas no pasado.
wikipedia

O PASEO DOS PEIXES

On fun dar unha voltiña por Bouzas. Percorrín o paseo que bordea o recheo e cheguei ao PASEO DOS PEIXES. Teo foi lendo: sardiña, congrio, percebes, centola, etc. Ao voltar estaba unha parella filmando e pensei "uns visitantes", mais non eran tal, eran periodistas. Fixeronme unhas preguntas e eu estaba tan contenta que respostei feliz. ¿Sabes que as árbores non son de verdade? preguntome a razapa. ¿Como? Mira ti que bo corazón teñen os da autoridade portuaria que non queren que as árbores morran co frío e o vento do inverno, pensei. Pero despois pensei: Pero si os bos somos nós, que nos fan un paseiño e xa estamos contentos coma parvos


Quen é a AUTORIDAD PORTUARIA? Rechean e pechan o mar. Fan proxectos SUPER FANTASTICOS con torres, contratando aos arquitectos máis caros do mundo (proxectos que non se chegan a facer grazas a Deus). Os terreos roubados ao mar serven para enchelos de empresas que moitas veces non ten nada que ver co mar. O caso e deixar ben claro aos veciños que o mar e cousa deles e se o queres ver podes subir a un monte... Pero eu feliz mirando os peixiños...a propósito ¿Non poderían meter ao golfiño GASPAR?

2 comentarios:

Garman dijo...

http://es-es.facebook.com/pages/EU-TAMEN-SON-DE-BOUZAS/149678795095047

ines dijo...

Moitas Grazas. Xa entrei no teu facebook. Boas fotos e vídeos!