lunes, 13 de septiembre de 2010
AS XACIAS
Nas augas do Miño viven as xacias máis fermosas que poidas atopar neste mundo...Pero non te achegues, non as procures. Elas teñen alí o seu fogar, as súas familias, os seus xacios.
Conta a lenda que un día un mozo foi pescar na beira do río, ficou durmido un intre e cando espertou atopou a muller máis bonita que mirara na súa vida...
restregou os ollos coas mans ¿Non tiña pernas? ¿Era un peixe? Tanto lle tiña, estaba namorado. Casaron e viviron felices por un tempo pero os seus fillos fuxían para mergullarse no río, so querían estar na auga e el non o podía aturar así que un día lle dixo que non a quería, que voltara cos seus.
Xa non había un mundo para a fermosa xacia. Os seus non lle perdoaron ter casado con un humano, terse bautizado...a mataron
O mozo arrepentido foi ao río, non podía vivir sen ela, buscouna por todas partes pero solo atopou a súa roupa flotando sobre as augas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
"Conta a lenda que un día un mozo foi pescar na beira do río, ficou durmido un intre e cando espertou atopou a muller máis bonita que mirara na súa vida..."
¡OOOOOOOOOOOHHHHHHHHHH! ¿Me contarás un cuento cada noche antes de irme a dormir?
Un bico que se ha quedado con la boca aperta
Ja, ja, SI
Publicar un comentario