sábado, 4 de septiembre de 2010
carteis 25 de novembro
O Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello
de Vigo convocan o
CONCURSO DE CARTEIS
Non o Ignores, non o xustifiques, non o escondas, Día internacional
contra a violencia de xénero.
Este concurso pretende concienciar a toda a sociedade acerca da
violencia machista e fomentar unha maior implicación social para que non
se esconda, non se escuse e non se ignore a violencia de xénero. O
obxecto do concurso é a creación dun cartel que se empregará na campaña
de concienciación contra a violencia de xénero. Todos os carteis
presentados versarán sobre a violencia de xénero, para iso deberán terse
en conta os distintos tipos de violencia de xénero que están a sufrir as
mulleres: física, psicolóxica, sexual e o control económico, entre outras.
Trátase dunha convocatoria libre na que poderán participar todas aquelas
persoas físicas ou xurídicas maiores de dezaseis anos. Cada participante
só poderá presentar unha única obra, coa condición que esta sexa
orixinal e inédita segundo a lexislación vixente, e que non fose
presentada con anterioridade noutros concursos. Calquera técnica é
válida para a realización do cartel, condicionada unicamente a que esta
permita una correcta reprodución fotomecánica. Os traballos serán
presentados en soporte dixital, xunto cunha copia do traballo en soporte
impreso. O soporte impreso será vertical e tamaño 40 x 55 cm,
presentarase suficientemente protexidos e montado sobre soporte ríxido e
desmontable, que permita a súa perfecta exposición. Outorgarase un único
premio en especie composto por un lote de libros e/ou obxectos
artísticos valorados no seu conxunto en 600 €. Como criterios para
elixir o cartel gañador terase en conta tanto a calidade artística da
obra e a orixinalidade como a súa eficacia como elemento para transmitir
valores de igualdade e de non violencia contra as mulleres.
O prazo da admisión de obras comeza o día 8 de setembro de 2010, e
finaliza o día 28 de setembro de 2010. O premio único poderá ser
declarado deserto polo xurado do concurso. De estimar o xurado que
ningún dos traballos presentados resultase adecuado para ser o cartel
anunciador oficial do día Internacional contra a Violencia de Xénero o
Concello de Vigo resolvería polos seus propios medios a edición do
mencionado cartel.
As bases do concurso están a disposición das persoas interesadas na web
da Concellería de Igualdade www.igualdadevigo.org
Máis información no Tlf. 986 810 284
Pregamos a difusión desta convocatoria entre os vosos contactos
Saúdos,
--
Concellería de Igualdade
Concello de Vigo
Tlf. 986 810 284
Fax.986 430 082
www.igualdadevigo.org
--
Iolanda Veloso Ríos
Concelleira de Xuventude, Igualdade
e Normalización lingüística
Concello de Vigo
986 810 100 Ext. 1435
iolanda.veloso@vigo.org
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Inés, quizá deberías presentarte: eres mujer y artista, y tienes alma en la voz, agudeza en los ojos y en la mente, mano para el arte.
Anímate
Enric, que estaba yo un poco indecisa, vale ME HAS CONVENCIDO
BICOS
Publicar un comentario