miércoles, 21 de enero de 2009

O SEÑOR ALCALDE DE VIGO E O CELTA


Que si que quero tanto esta cidade que até me doe e son celtista de toda a vida. Xa ía de nena a Balaídos con meus pais. Aquel estadio que non ten nada que ver co de hoxe. Se chovía mollabamonos e si zoaba o vento enchiamonos de frío. Lémbrome moi ben cando non se lle podía falar ao meu pai porque o Celta perdía e a preocupación que había na casa cando facían chamamentos de axuda económica.

SON VIGUESA E CELTISTA, ACCIONISTA DO CELTA e deixei de pagar o carné este ano. Tempo me levou decatarme que este non é o clube que tanto defendín.

Señor ALCALDE permítame amosarlle o meu máis profundo desacordo coas medidas que vostede pretende tomar. O noso CELTA é agora unha sociedade privada, polo tanto como tal empresa ten que defenderse por si soa. Xa está ben que sigamos cedendolle unhas instalacións que son do Concello, polo tanto de todos nós pero enriba seguir pagándolles a luz, agua e mantemento das instalacións cos IMPOSTOS QUE PAGAMOS NÓS-
NON SEÑOR.

CELTISTAS E VIGUESES DE BOQUILLA, moito dicir O CELTA REPRESENTA A CIDADE, O CELTA RESPRESENTA ECONOMÍA- ¿Van ao campo? ¿Axudan dalgún xeito a ese clube que tanto queren? Eu propoño que a eses que tanto defenden a súa proposta recollan cartos e os poñan a disposición dese CELTA que din querer tanto.

XA ABONDA!!!

No hay comentarios: