miércoles, 7 de enero de 2009

MOCIÓN DE CONDENA DO ATAQUE ISRAELÍ CONTRA A FRANXA DE GAZA, EN PALESTINA


OFICINA MUNICIPAL NACIONAL

MOCIÓN DE CONDENA DO ATAQUE ISRAELÍ CONTRA A FRANXA DE GAZA, EN PALESTINA
A presente moción envíase para ser presentada no Rexistro de Entrada do Concello, con independencia do seu tratamento polo Pleno da Corporación Municipal e facéndoo público a través dos medios de comunicación a nível comarcal.


EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
Nos últimos días o exército de Israel ten bombardeado e invadida a franxa de Gaza, en Palestina, provocando centos de vítimas, maioritariamente nenos, nenas e mulleres, sen contar os centos de feridos e feridas de carácter grave.
Este ataque é un crime de guerra que aparece como colofón de máis dun ano de bloqueo do Estado de Israel contra o pobo de Gaza, que xa provocara unha grave crise humanitaria, e as súas vítimas súmanse aos máis de 5.000 palestinos mortos desde setembro do ano 2000, en que empezou a rebelión contra o Estado israelÍ na coñecida como Segunda Intifada, e onde tamén morreron máis de 900 nenos e nenas.
Queremos manifestar a nosa solidaridade co pobo de Palestina, facer un chamamento a que se deteña inmediatamente a agresión contra Gaza, instando ao Estado español e comunidade internacional a condenar os ataques, impoñendo ao Estado de Israel condenas diplomáticas e comerciais, e consecuentemente adoptar polo Pleno da Corporación o seguinte
ACORDO
1. Rexeitar os bombardeos e invasión levados a cabo polo exército de Israel, que evidencian o colofón da blocaxe perpetrada polo Estado israelí contra o pobo de Gaza, en Palestina, constituíndo un crime de guerra.
2. Transmitir a solidariedade e apoio á representación do pobo de Palestina en Galiza.
3. Remitir cadanseu escrito de condena ao Presidente e Vicepresidente da Xunta de Galiza, Presidente do Goberno español, Ministerio de Asuntos Exteriores e Embaixada de Israel, coa petición de que o Estado español suspenda as relacións diplomáticas e económicas co Estado de Israel até que non se poña fin á agresión militar, invasión e blocaxe que está a perpetrar na franxa de Gaza, en Palestina.
4. Solicitar, así mesmo, que o Estado español inste oficialmente ao cumprimento das reiteradas resolucións da ONU relativas á retirada do Estado de Israel dos territorios ocupados; ao tempo que se demanda, no marco das Nacións Unidas, o envío inmediato dunha misión de observación e interposición co fin de garantir a fin da blocaxe e da agresión militar.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2009

No hay comentarios: