martes, 10 de abril de 2012

Presentación do novo libro de Xosé Neira Vilas


Mié (11/04/2012)
Horarios:
20:00 h
Lugar:
Biblioteca Xosé Neira Vilas (Avd. Martínez Garrido 21, 36205 Vigo)

Neste reencontro do escritor coa biblioteca que leva o seu nome; Xosé Neira Vilas presenta a súa última novela “Esperando o leiteiro”, onde nos amosará todos os segredos desta nova historia e do seu proceso de creación.

“Esperando o leiteiro”
A mediados do século XX, un mozo campesiño vai emigrar a Buenos Aires. Coa maleta ao lombo, camiña sete quilómetros; perdeu o coche de liña e confía en que o leve o camión que recolle o leite. Mentres agarda a chegada do leiteiro, o mozo fai un reconto da súa vida, cos seus traballos, xogos, amores, miserias e soños. Xosé Neira Vilas (Gres, 1928) escribe un intenso monólogo interior que non cesa ata que, por fin, o protagonista emprende o camiño.

Entrada libre ata completar aforamento