jueves, 23 de julio de 2009

FELIZ DIA DE GALIZA A TODOS

LETRA

Que din os rumorosos
na costa verdescente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

-Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
Fogar de Breogan.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os ignorantes
e férridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, dondequer, xigante
a nosa voz pregoa
a redezón da boa
Nazón de Breogán.






25 de Xullo de 1932


Poucas e sinxelas verbas abondan, pra decir a ledecia que n-este dia enche os peitos galegos. A festa cívica da Terra xunta a todol-os capaces de fé, e a todol-os abertos a espranza.

Porque a de hoxe é pra nos unha diada de optimismo. A sua emoción fai tremer as frebas sensibles da nosa xente, dispersa por todol-os confins do mundo.

De ano a ano o Dia de Galicia vai adequerindo un volumen espritoal insospeitado. O que denantes era data saudosa de evocación da Terra, par-os que lonxe d-ela labran rudamente o seu pan, é xa efemérides da universalidade galega, conscentemente festexada por cantos na propia Terra arelan dias tinguidos d-unha nova luz, da luz d-aquel hourizonte exprendoroso onde a prosperidade e a cultura de Galicia han de lograr folgadamente unha realidade efectiva.

Ateigada de fervor, mais que nunca chea de confianza no trunfo, sai hoxe A NOSA TERRA. Par-os que dende hai dezaseis anos veñen tendo n-estas paxinas o seu breviario espiritoal, o noso saudo de amigos que sempre se atopan na mesma estrada, empurrados pol-a mesma fé. Par-os que chegan a cotío, como forzas de renovamento, as fías do galeguismo, a nosa aberta cordialidade, e a seguranza de que n-esta banda, a comprensión, a lealtade e a cobiza de perfeición nunca serán desprazadas.

E a todol-os galegos, ainda a-os que se teñan por nosos nemigos, n-este Dia xubiloso, agarimo e saude.

E sempre, Terra e Liberdade!

No hay comentarios: