sábado, 26 de abril de 2008

PEINADOR E O TOPOLINO



Ines y Ricardo el del motocarro

Paca e Lola

En vigo había tranvía e chegaba até O Porriño...é algo así como un recordo vago, fun coa a miña tía Digna e o seu noivo nese tranvía... estaban cortando as árbores para face-lo aeroporto de PEINADOR. Despois fixeron a estrada. O meu pai tiña un Fiat Topolino verde. Chamou o seu irmán Albino para "estrear" o camiño ao aeroporto. Ao meu tío Albino seica sempre lle gustaron as mulleres pequenas. El dicía para convencer a humanidade que unha muller pequena ten moitas ventaxas: Se supón que come menos, a roupa é máis barata porque leva menos tea, e en caso de apuro metese debaixo dun brazo e fúxese con ela.

O caso é que as cousas nunca saen coma un pensa e casou coa muller máis grande dunha parroquia. Formaban unha parella ben curiosa, el pequeno e gordiño e ela alta e moi grande. Metíanse os catro naquel topolino pequeniño do meu pai e mesmo parecía unha imaxe dos tebeos.

O día da estrea da estrada de Peinador, a miña nai meteu unha cesta con camaróns, viño, pan, bueno de todo para facer unha boa merenda no monte. Nós, os rapaces, ben poderíamos quedar nun cine pero non, o meu tío Albino quería que participaramos en todo, así que Ricardo o meu primo maior sacou a súa motocarro e dentro dunha especie de caixa grande iamos meu irmá, Teresita a miña prima e eu. Ricardo con aires de Pedrosa da época pilotaba e pronto pasamos ao topolino a toda velocidade. O único coche que atopamos foi un Mercedes, que pasamos tamén entre grandes gargalladas.

Entre as risas, a velocidade e un monte de area que deixaran nun lado da estrada nos miramos todos rodando por un lado e a moto por outro.

Os do Mercedes nos recolleron para levarnos ao Hospital. Cando atopamos aos do "topolino" baixaron dando berros e a miña nai e Paca a muller de Albino, pelexaron por subir no coche con tan mala sorte que Paca deulle a miña nai coa porta e en dous minutos tiña un ollo totalmente pechado.

Mentras nos atendían no sanatorio de Recaredo no Calvario os dous irmáns quedaron no lugar do accidente. Albino non quería deixar ali o motocarro por si lle roubaban a gasolina asi que decidiron remolca-la. Meu pai explicoulle onde estaba o freno e Albino dixo:"Anda tira padiante que toda a vida andiven en bicicleta"

Ataron unha corda, meu pai no topolino e Albino na moto. Conta meu pai que as cousas foron ben ata que tivo que parar nun cruce. Non tivo máis remedio que parar porque tiña que deixar pasar a outros...o caso é que mentras estaba esperando para arrancar mirou como Albino pasaba ao seu carón a toda velocidade até que a corda non deu para máis.

Estabamos todos no Sanatorio, o médico de guardia no daba abasto e de repente escoitamos uns berridos... era a voz de Albino...AQUI CHEGA OUTRO!!!

COMENTARIOS

Julio Reina dijo...
Jajajajaja, ¿Donde están los frenos?, jajajajajajaja

Si las cuentas no van mal, ¿acabaron 4 en el hospital en una tarde?

27 de abril de 2008 10:47


ines dijo...
No Julio, yo creo que eramos cinco accidentados... y si se cuenta el ojo de mi madre seis....jaja, para llenar el sanatorio

27 de abril de 2008 11:28


Y nos llaman a nosotros locos ahora, y ustedes a esas edades mira como iban, seguro que abrochaditos en sus sillas especiales para (motocarro), tu primo con casco, seguro, integral de esos aprobados por la CE, y los del Topolino ni te cuento, airbag, abs, cinturones de seguridad en las 5 plazas, etc....

No se como sobrevivimos a eso pero miranos aqui estamos descojonados contandolo. Y seguro que el remiendo en el sanatorio era mercromina, agua oxigenada algodón, y al aire para que cicatrice..... Y el mayor cabreo tu madre, von el ojo morado, y no por el peligro de la herida, sino por el que dirán, jajajajajaja, porque a ver quien se lo cree.

Kissssssssss

http://espasita.blogspot.com

2 comentarios:

Julio Reina dijo...

Jajajajaja, ¿Donde están los frenos?, jajajajajajaja

Si las cuentas no van mal, ¿acabaron 4 en el hospital en una tarde?

ines dijo...

No Julio, yo creo que eramos cinco accidentados... y si se cuenta el ojo de mi madre seis....jaja, para llenar el sanatorio