jueves, 27 de agosto de 2015

A VOLTAS CON PORTO CABRAL


Se acudimos á lei de Montes Veciñais en Man Común, atopamos que estes montes son “indivisibles, inalienables, imprescriptibles e inembargables” (artigo 2) polo que non é posible a súa venda, xa que son un patrimonio da comunidade de veciños que 
 moran nese momento na parroquia que deberá ser trasmitida ós seus futuros titulares do mesmo xeito. Cómpre salientar que  os veciños destes montes non son propietarios  ao uso,  senon titulares xestores dunha propiedade mentres moren nese 
 lugar. Unha vez estos veciños deixan de ser moradores habituais da parroquia perden a súa condición de comuneiros e deixan de ser "propietarios" do monte.  Non son pois propiedades ligadas pola herdanza. se non polo uso, derivadas do dereito xermánico.



Sabendo isto Don Abel e compañía, que so cabe a expropiación por causa de utilidade pública ou interese social prevalente e non creo que un caso como este, claramente de especulación, poda ser considerado de "utilidade pública"-preguntome ¿Non será este un caso máis de interese para uns poucos?