martes, 6 de septiembre de 2011

Día Pintureiro no Paseo de Alfonso XII- entrega dos cadros


O pasado día 2 de setembro, catro artistas: Gonzalo Alonso, Alex Fernández, Jorge Martín e Inés Elorrieta ocuparon a praza da Fonte, no Paseo de Alfonso XII para pintar man a man os cadros que estan no Bar A Póla.

As doce da mañán cada un comezou un cadro, para logo ir chimpando dun a outro mesturando estilos, conceptos e xeitos de ver o mundo. Ao mesmo tempo o espazo tomou vida con todas as persoas que pasaron, miraron, comentaron e dalgunha maneira colaboraron na creación desta obra.

O día rematou cun fermoso solpor, con numeroso público arredor do cadro e brindando cunhas cervexas no bar A Póla.

Pensamos que o máis importante deste día foi esa reunión de xente interesada polo que aquí acontecía, polos amigos e polos descoñecidos que agora xa non o son. Ademais cremos nos lugares públicos como escenario ideal para esta e outras manifestacións artísticas, como por exemplo esta marabillosa praza algo esquecida. E tamén como forma de dar a coñecer obra de artistas locais, e que calqueira poda acceder a ter unha peza na súa casa mediante un sorteo.

Por último lembrarvos que ata o día 22 de setembro podénse mercar as rifas para dito sorteo neste bar a prezo de 2 euros cada unha!

O sorteo terá lugar o día 22 (xoves), as 21h, na Póla.

No hay comentarios: