lunes, 16 de junio de 2008

ESTAS COMIGO OU ESTAS CONTRA A CIDADE



Acabo de escoitar ao Alcalde desta cidade pola radio. So un pouco, teño que confesalo, porque o meu corpo resíntese, debe ser que vou facendome adulta.

Esa postura de "Estás comigo ou eres un anti vigues, un retrógrado e non sei cantas cousas máis" pareceme un insulto que non teño porque aturalo veña de quen veña.

Este home descubriu a Jean Nouvel (arquitecto y diseñador frances) e como todo o que chega ao mundo da arte tarde, é coma si se lle aparecera Deus.

Señor Alcalde, cada un é moi libre de pensar como queira e tódalas posicións son respectables. E penso que tocar esta ría é un sacrilexio. Que temos que ir a un desenvolvemento sostible, pero convenzame vostede con seus argumentos non ATACANDO.



Que se quere dicir cando se fala de desenvolvemento sostible?

Defínese o desenvolvemento sostible como aquela forma de desenvolvemento que satisface as necesidades do presente sen comprometer as do futuro, como un proceso dinámico onde os esforzos institucionais, a orientación do desenvolvemento tecnolóxico, a explotación dos recursos e o destino dos investimentos deberan de estar orientados para satisfacer tanto as necesidades presentes como as futuras.

É preciso darlles dereitos ás xeracións futuras, a aposta pola eliminación da pobreza e a necesidade de encaixar as accións humanas dentro da capacidade da biosfera.

* Compromiso de equidade global, o que implica non simplemente a creación de riqueza e a conservación dos recursos, senón tamén a súa xusta distribución.
* A integración das consideracións ambientais na toma de decisións de política económica. Os conflitos entre obxectivos ambientais e económicos non se ocultan senón que se colocan dentro dun marco común no que se definen obxectivos paralelos.
* O concepto de sostibilidade implica a preocupación pola igualdade entre xeracións que, á súa vez, esténdese á igualdade social dentro de cada xeración.

En resumo, o desenvolvemento sostible debe entenderse como un crecemento económico que promove o progreso e o equilibrio social e que ao mesmo tempo ten un uso racional dos recursos sen producir deterioro no medio ambiente.

No hay comentarios: