domingo, 8 de febrero de 2009
as nóminas da alpinista ou cartas cainitas- VIGOBLOG
Carisimo professore Abel : levo varios diás sofrendo unha teimuda discusión feminina na hora do bocata dunha temática insignificante para quen coma vos ocupa as vintecatro horas do día en arranxar todos os proxectos xa en marcha no voso reinado mais velando pola súa rapida execución cual centinela público (auditorio..cidade do mar...chegada do AVE..Ikea..metro lixeiro...etc...etc ). Tamén hai quen dí !lajarta,lajarta! que mais ben pasa o día diante do espello preguntandolle polo ben que o fai para vir de Puentearenas pasando por El Porrito antes de subir Pucheros e a resposta ,asegúranme é sempre positiva...y sino llamo a un par de ministros y ya está.
Pero o asunto que debaten as colegas no bocata é outro ¿ cales son as retribucións que cobrou a concelleira Chus Lago na sua ausencia do seu posto de traballo durante a aventura polar/polaroid ?
¿podería carisimo professore facer públicas as nóminas dos meses correspondentes incluida a paga extra? Se non é así dinme as do bocata que é facil dar con elas...pero entre nos non imos andar con esas vainas...¿ non sí ?
Publicado por Ana Pintens
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario