viernes, 5 de septiembre de 2008

DAVILA PREGUNTA AO GOBERNO POLA GRAO DE EXECUCIÓN DA PARTIDA DE 30 MILLÓNS CONSIGNADA NOS ORZAMENTOS 2008 PARA A EDAR DE VIGO


DAVILA PREGUNTA AO GOBERNO POLA GRAO DE EXECUCIÓN DA PARTIDA DE 30 MILLÓNS CONSIGNADA NOS ORZAMENTOS 2008 PARA A EDAR DE VIGO

A deputada do BNG quer saber se a estas alturas do ano o Executivo investiu os 30 millóns aprobados para a depuradora e afirma que o BNG traballará para controlar a evolución da realización desta importante infraestrutura

Madrid, 5 Setembro 08. A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para preguntarlle ao Goberno polo grao de execución da partida consignada nos Orzamentos Xerais do Estado 2008 para a construcción da depuradora de Vigo.

A deputada do BNG lembra que producto da negociación mantida entre o BNG e o Goberno para aumentar as partidas orzamentarias correspondentes a Galiza para este exercicio 2008, concretouse unha partida de 30 millóns de euros para a construcción da EDAR de Vigo.

“Pasado xa máis da metade do ano e ás portas dunha nova tramitación dos Orzamentos do Estado para o seguinte ano 2009, sería pertinente coñecer en que estado se atopa a execución deste orzamento”.

Davila subliña que o BNG realizará todas as iniciativas de control posíbeis para controlar a evolución da construcción desta infraestructura de grande importanza para a cidade viguesa. Por iso formula ao Goberno unha serie de cuestións:

“Cal é o grao de execución da partida de 30 millóns de euros consignada nos Orzamentos deste ano para a EDAR de Vigo? En que situación de trámite se atopa este proxecto? Que horizontes temporais manexa o Goberno ao respeito? Cando estará rematada a depuradora viguesa?”.

No hay comentarios: