lunes, 3 de noviembre de 2008

NON AO DERRUBO DA NOSA PANIFICADORA


Como vigueses, é a nosa obriga conservar a nosa memoria urbana. Despois de décadas de desfeitas urbanísticas, non imos permitir que o noso concello destrúa un dos grandes símbolos do Vigo industrial: a panificadora.



Seguindo os plans urbanísticos que serán levados a cabo na nosa cidade, o concello pretende derribar este memorable edificio deixando tan so os silos, sen darlle a posibilidade da súa rehabilitación total como edificio destinado á cultura.

Firma en la web para salvar la panificadora de Vigo y restaurarla!

http://www.freewebs.com/salvemoslapanificadora




Como cidadáns vigueses, estamos fartos de que cada alcalde vigués se guíe polos cartos e a especulación, esquecéndose de calquera gusto estético na NOSA cidade.



Pedimos ao concello que se de verdade queren derribar un edificio emblemático vigués, que sexa este o concello, que abra Vigo ao mar de verdade ( con isto referímonos a derribar o proxecto “Abrir Vigo ao mar”) ou que desforren ao hospital Xeral desas placas verde cantoso. Pedimos ao noso alcalde que pense coa cabeza e que se o seu equipo carecese do mínimo gusto estético que se ESIXE para aprobar plans urbanísticos, que non os aproben modificando irremediablemente a nosa cidade ao máis puro estilo hortera que caracterizou aos nosos concelleiros durante décadas.



Porque Vigo é dos vigueses...





NON AO DERRUBO DA NOSA PANIFICADORA !

No hay comentarios: