lunes, 8 de septiembre de 2008

oleiros70 te ha enviado un mensaje en YouTube:


Isto é a vida, por un intre estás a punto de estoupar e, algo cambia de repente e morres da risa.

A bandeira xa a cambiei, a verdade é que nin me decatara de que había unha bandeira.

Respecto as dúbidas que tes sobre si algún dos meus antergos non cumpriu algunha promesa con algún santo, non o sei pero unha cousa teño certa, e non llo digas a ninguén, por favor, é un segredo....Escoita, agacha a cabeza...EU SON MEIGA


GRAZAS OLEIROS 70 POLA TÚA MENSAXE


-----------------------------------------

oleiros70 te ha enviado un mensaje en YouTube:

Caráfio p'ra Inés!
Minha rainha, tu és genial, como demo é possível que nom descobrisse os teus vídeos até hoje?
O demo me leve se algum dia crim possível achar no youtube cousa semelhante! Nom hai que che tusa, comes-nos as papas a tod@s; és o cerne da tradiçom do nosso conto oral no ciberespaço... Manda chover na Habana!
Ouviches? a bem seguro umha sábia avoa antepassada tua nom cumpriu a promessa ao Santo André de Teixido e reencarnou-se em ti... já vas vendo que nom tenho papas na língua e nom boto a lingua a pacer às toas, o falar nom tem cancelas, mal raio me parta se nom trocaches a lareira polo rato e o teclado, e isto todo é-che cousa de meigalho...
Oichó? Ainda que seja tarabelo e algo cabeça no ar, nom vaias pensar que che estou a fazer as beiras... nem tamém nom che sou um falabarato; sou-che máis amarrado cás unhas dum martelo nisto dos elógios, e nom che ando sacando o cabalo ao monte assi pola boas...

Agora máis en sério, Inés, parabéns, polo seu Loro e polo seu Topolino (o outro vídeo reservo-o para outro momento, com esses dous já fiquei com'um abade) espero que suba máis.
Parabéns e agradecidíssimo pola sua genialidade no manejo da narraçom oral e polas images e a música que as acompanham. Continue assi, por favor. Um abraço.
(O único que nom me gustou foi a bandeira que exibe no seu canal; e é que ese amarelo mesturado com vermelho fai-me dano na vista; o demais, óptimo. )
Umha aperta.

No hay comentarios: