Santiago de Compostela, 17 novembro 09
O irmán da nai e portavoz da familia, Manuel López Rodríguez denunciou “o calvario o que se nos está sometendo, cunha evidente inxustiza por querer vivir en Galiza”.
Un xulgado de Madrid ameaza a unha nai galega con retirarlle a custodia das súas fillas por trasladarse de Alcorcón a Vigo, debido a que “o ensino é en galego e esta lingua non é útil”.
En concreto, o auto do xulgado de Alcorcón négalle á nai que se traslade a Vigo debido ao perigo de “desarraigo que se extiende a su ámbito escolar, pues las menores han estado escolarizadas desde hace muchos años en el Colegio Amanecer, de Alcorcón, para ahora verse escolarizadas en Centros Públicos, en Vigo, con inmersión en un sistema escolar en lengua gallega, una lengua distinta a la que han sido escolarizadas hasta ahora, que más allá del ámbito de aquella Comunidad Autónoma, no se aprecia tenga ninguna otra utilidad práctica”.
Manuel Rodríguez criticou os prexuízos do xuíz de Alcorcón e salientou que “as nenas están perfectamente integradas en Vigo e son felices”. Respecto á lingua galega, subliñou “que para nada tiveron ningún problema: desde pequenas escoitano na familia e enténdeno; a maior pódese acoller á exención de galego na selectividade e a pequena quitou en galego unha nota de 8,5, gústalle e mesmo empeza a falalo”.
Por iso, pediulle a todas as forzas políticas galegas é a Xunta de Galiza para que apoien a súa causa e, no caso da administración galega, “emita informes para que se teña en conta a opinión das rapazas, que viven felices e perfectamente integras en Vigo”.
"do punto de vista democrático e humano non se pode admitir que un xuíz lle denegue a unha nai separada que veña a vivir a Galiza polo feito de que teñamos lingua propia”.
MEU COMENTARIO
MANDA CARALLO!
No hay comentarios:
Publicar un comentario