jueves, 26 de noviembre de 2009

VERSOS ANTERGOS INÉDITOS


Moi même-Yo mismo
autorretrato de H. Rousseau


VENGANZA

Cando eu me vaia do mundo,
a vós nada vos direi,
pois vós nada me dixestes
o día en que vin a el.




UNHA ESTRELA NOVA
O noso amor voou
e ora vese no ceo
da noite escintilando,
feito unha nova estrela.




A FONTELA
Había unha fontenla. Sobor dela
un piñeiro agoirán deixou caer
a mortalla do arume. Dende aquela
ninguén veu á fontiña pra beber.

Meu corazón era unha fonte. Nela
unha palabra meiga a caer veu.
Ninguén se procatou, pro dende aquela
pra sempre xa o meu corazón morreu.



Versos antergos inéditos
Xosé María Díaz Castro

No hay comentarios: