lunes, 15 de junio de 2015

Pero que ten Vigo?





Acabo de escoitar unhas declaracións de DON ABEL, sempre o mesmo, pero é que lle gusta  máis un microfono que un aloumiño. Está como tolo "polo pacto de esquerdas"... non o di claramente pero xa se sabe que no transfondo está A DEPUTACION.  Polo visto os do PSOE acaban de acordar que "a Carmela", a "multipostos" presida a devandita institución. ¿Que terá esa muller que serve tanto para un roto coma para un descosido? Pero o que realmente me desacouga é iso de "pacto de esquerdas"  ¿E DON ABEL DE ESQUERDAS? Ahhh siiii que presume de que militou no partido comunista.  Bueno, a verdade é que agora o BNG xa o ten ben doado DON ABEL CANTA O HINO GALEGO NA INTIMIDADE

Os tempos son chegados 
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.