sábado, 12 de julio de 2008

A RIA DE VIGO ESTÁ EN SERIO PERIGO



COMENTARIO NA VOZ DE GALICIA

As pretensións que ten a Autoridade Portuaria de ampliación do porto de Vigo, realizando mais de 230.000 m2 de recheo, son o proxecto dun atentado ecolóxico, polo que os señores Jesus Paz e Luis Lara deberian pagar consecuencias penais. Tamén deberia ter consecuencias a apoloxia de este delito que fai a patronal.

Se queren gañar espazo deberian retirar do Porto todas as naves e industrias que non estan relacionadas coa actividade portuaria, cuxas concesións foron feitas de xeito ilegal, incumplindo sistematicamente o artígo 32.1 da Lei de Costas, retirando tamén as enormes naves de Zona Franca que non ten sentido a sua ubicación en terreno portuario. Tamén deberian armacenar os veiculos da Citroën e das outras marcas en outro lugar, xa que estes so precisan estar no Porto no momento do embarco ou desembarco e non estar armazenados alí.

O Porto debe ser un lugar de paso de mercadorias non un armacén.

No Porto de Vigo hai espazo de abondo, ao longo dos dez Km. de instalacións poartuarias que teñen desde Bouzas a Rande, o que pasa é que está moi mal xestionado, o porto de Leixões en Portugal, coa mitade de superficie move o doble de contentores que o de Vigo, e peiraos como o de Saint Nazaire en Franza adicados a o tráfico de veiculos non teñen superficie de armazén de veiculos e funcionan perfectamente.

Ademais o trafego portuario deberia coordinarse e repartirse entre os demais portos galegos como o de Marín ou Vilagarcia e non estar a competir con eles, buscando liderazgos infantís.

A Autoridade Portuaria confunde os intereses das Multinacionais cos intereses da cidade, e nunca lles vai chegar o espazo que teñen. O seu Progreso é a nosa ruína, estan a hipòtecar a vida das xeneracións futuras. Cando Citöen e outras empresas decidan marchar para outro pais onde exploten de xeito mais barato aos seus esclavizados traballadores, aqui ficaremos na miseria mais absoluta porque estan destruindo a nosa principal fonte de recursos que é a Ría.

Esta Ría constitue un dos ecosistemas con mais producción biolóxica do mundo, e en vez de aproveitar esta característica, que si proporciona postos de traballo e riqueza, adicanse a formigonala. Lembremos que no lugar onde hoxe está o macro-recheo de Bouzas, atopábase o banco de ameixa mais productivo de toda a Ría, pasando de producir 940 toneladas no 1967 a tan só unha no 1986, devido aos aterramentos.

A Autoridade Portuaria é un Cancro para a Ría e para todos os municipios da comarca, cancro que se irá estendendo, se non se lle pon límite, até acabar definitivamente coa Ría.

O MAR É VIDA OS RECHEOS SON MORTE, NON AOS RECHEOS NA RIA, NON Á MACRODEPURADORA NON ESPECULACIÓN E A PRIVATIZACIÓN DO MAR

Edi

No hay comentarios: