sábado, 7 de marzo de 2009

CARTA ABERTA AO SEÑOR NUÑEZ FEIJOO

Meu pai acabanos de deixar e estou a recoller as súas cousas. Entre outras fotos atopei varias con Fraga, os dous sorrintes...adicadas abaixo "ao amigo Francisco". Sempre foi do PP e estaba orgulloso delo.

A próposito disto lembro o día que meu pai coincidíu na miña casa con Fernando Pereira. Fernando era alcalde de Soutomaior e, de primeira impresión, tiña unha pinta un pouco rara. O cabelo moi negro e unhas grandes patillas brancas. Meu pai ficou mirando para el pero pronto se decatou que non era perigoso e charlaron animadamente. Nun intre, Fernando dixo- "sabe que ten vostede moi bo galego?".

Eu tiven que aguantar unha gargallada ao mirar a cara de "descolocado" do meu pai. Ficou abraiado mirando para Fernando e dixo- "Pero como non vou ter un bo galego si é a miña lingua"


Aproveito este escrito para mandar, alá onde queira que estea - no planeta das aguias- seguro, a FERNANDO PEREIRA, un político honrado

UNHA BOA HERDANZA PARA OS SEUS FILLOS

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Olá,cheguei aqui por casualidade e nom sei quem é dono deste texto mais queria dar-lhe as gracias por essas palavras adicadas a meu pai, magoa que desde que nom está em Soutomaior reinem os caciques e que nom se dignem sequera a adicar-lhe nem umha rua.
umha aperta e saúde

ines dijo...

Eu mesma escribin o texto, e o feito do que falo aconteceu na miña casa. Mágoa que non puxeches o teu nome no escrito porque así dirixiriame persoalmente a ti.

Unha aperta