jueves, 5 de marzo de 2009

Feijóo descartou ir en contra nada, nin ninguén


Antes de participar na primeira reunión da directiva provincial do PP de Pontevedra despois da vitoria, Feijóo dixo que se equivocan quen cren que o PP aplicará unha política sectaria na Xunta e, aínda que se propuxo corrixir os erros do bipartito, tamén se comprometeu a potenciar o que estea ben feito.


"O PP é máis un partido de goberno que de oposición", polo que deu por garantido que sabe distinguir entre os intereses xerais e os de partido.

Deste xeito, Feijóo descartou ir en contra de nada e avogou por saber administrar a vitoria electoral, consciente de que ao redor de 750.000 galegos apoiaron o domingo a PSOE e BNG.

Aos que preferiron outras opcións políticas quixo lanzarlles unha mensaxe de tranquilidade xa que o seu propósito, garantiu, é gobernar para todos.

Con esta filosofía, marcouse como obxectivo incrementar o caudal de confianza nas próximas eleccións, en primeiro lugar, as europeas de xuño.

Con todo, salientou que a vitoria do PP foi un triunfo claro e, concretamente, felicitouse por parar a tendencia á baixa que acumulaba o PP desde 2003.

Nesta liña, constatou que incrementamos o número de votos sobre todo no ámbito urbano sete puntos de media, aínda que tamén no rural un punto aproximadamente.

Feijóo tivo un recoñecemento especial aos excelentes resultados do partido en Pontevedra, sen a que non se podería alcanzar a maioría absoluta. Aínda que admitiu que o PP vive un momento de celebración, limitou este período a unhas horas e propúxose empezar a traballar de forma inmediata porque, á súa entender, hai moitísimas cousas pendentes.

Nalgúns mentideros políticos xa colocan a Corina Porro como futura Presidenta do Parlamento de Galicia. Corina é diplomada en Enfermaría pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi concelleiro polo PP no concello de Vigo entre 1995 e 1999. Desde ese ano foi directora xeneral de Servizos Sociais da Xunta de Galicia até 2001. Deputada do Parlamento de Galicia e Conselleira de Asuntos Sociais da Xunta de Galicia durante o período 2002-2003 e senadora por designación autonómica entre 2004 e 2006.

Chegou a alcaldía de Vigo en 2003, seis meses despois das eleccións, tras unha moción de confianza perdida polo socialista Ventura Pérez Mariño, debida ás desavinzas entre socialistas e nacionalistas. Permaneceu no cargo até as eleccións de 2007 nas que, aínda que a súa lista conseguiu 13 concelleiras, e foi a máis votada, a suma dos concelleiros socialistas (9) e do BNG (5) levantaron á alcaldía ao socialista Abel Caballero.

Vicepresidenta da Deputación Provincial de Pontevedra . Trás as eleccións xerais de 2008 é senadora por Pontevedra e recentemente elixida deputada autonómica por Pontevedra

No hay comentarios: