Mostrando entradas con la etiqueta CARTA ABERTA AO SEÑOR NUÑEZ FEIJOO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CARTA ABERTA AO SEÑOR NUÑEZ FEIJOO. Mostrar todas las entradas

sábado, 7 de marzo de 2009

CARTA ABERTA AO SEÑOR NUÑEZ FEIJOO

Meu pai acabanos de deixar e estou a recoller as súas cousas. Entre outras fotos atopei varias con Fraga, os dous sorrintes...adicadas abaixo "ao amigo Francisco". Sempre foi do PP e estaba orgulloso delo.

A próposito disto lembro o día que meu pai coincidíu na miña casa con Fernando Pereira. Fernando era alcalde de Soutomaior e, de primeira impresión, tiña unha pinta un pouco rara. O cabelo moi negro e unhas grandes patillas brancas. Meu pai ficou mirando para el pero pronto se decatou que non era perigoso e charlaron animadamente. Nun intre, Fernando dixo- "sabe que ten vostede moi bo galego?".

Eu tiven que aguantar unha gargallada ao mirar a cara de "descolocado" do meu pai. Ficou abraiado mirando para Fernando e dixo- "Pero como non vou ter un bo galego si é a miña lingua"


Aproveito este escrito para mandar, alá onde queira que estea - no planeta das aguias- seguro, a FERNANDO PEREIRA, un político honrado

UNHA BOA HERDANZA PARA OS SEUS FILLOS