domingo, 2 de noviembre de 2014

LAVANDEIRA DA NOITE





A SOMBRA

Sombra de Prometeo encadeada,
aquil mozo que fun está xa morto.
Busco unha terra limpa. Agora busco
unha patria sin sangue e non a topo.
Lonxana primavera. Escoito voces
na noite estrelecida. Ríos longos.
¿Onde estarás, meu corazón de entonces,
meu dóce corazón que non te alcontro?
Pregunto e non contestas, morte negra.
¿Onde se foi aquil vivir gozoso?
Sóio te teño a ti, miña memoria
envolta en señardades e recordos:
unhas pingas de chuvia esbagoando
por un cristal de soños.
Sobre a lama do mundo vou andando.
Gardo loito sin fin por aquil mozo.


Celso Emilio Ferreiro