sábado, 13 de septiembre de 2008

UN BICO TOÑI




Que ven de caste amigos meus....lémbrome do día que fun cear coa miña amiga Pilar da Galería Fauna´s de Madrid. Aínda que Pili é de Vigo vive hai moitos anos en Madrid, pero é ben curioso como os que están fora as veces saben de sitios agarimosos máis ca nós. O caso é que entramos nunha taberniña de aldea e preguntou ¿Temos algo para comer?- O home con cara inocente respostou:

Moito non lle hai, so uns camaróns, percebes, salpicón de langosta, algo de peixe....

Eu estaba tan abraiada que non podía pechar a boca nin os ollos

Ceamos coma raíñas, rematando con un bo flan da casa

Así foi como coñecín aos pais de TOÑI DE VICENTE, xente sinxela e encantadora. Non foron a ningúnha escola de cociña pero ben sabían o que era un bo xantar.

Toñi podería adicarse "ao dolce far niente" pero non, o leva no sangue. Comezou en Vigo co SIBARIS e despois marchou a Santiago. Unha vida non fácil, creanme, moito traballo, moitos postos de traballo que manter... nin tempo ten para a súa vida privada. Todo por unha idea, a renovación da cociña. O seu bo facer levouna aos primeiros postos do ranking mundial de cociñeiros e polo tanto a que a nosa cociña acadara fama en todas partes.

TOÑI É UNHA ARTISTA, guste ou non "a nova cociña" que iso é outro cantar.

¿Como é posible que nesta terra todo o que pretenda destacar en algo queramos meterlle a cabeza baixo terra, en lugar de sentir orgullo?

Si Toñi é culpable por mercar vieiras contaminadas, esperemos a que a Xusticia o declare e xa o pagará pero isto de que A COLGUEMOS NA PRAZA PUBLICA e vergoñento

No hay comentarios: