viernes, 5 de septiembre de 2008

FISTERRA, PATRIMONIO EUROPEO

Texto: Mª Jesús Mendez/




A SUA SINGULARIDADE XEOGRAFICA XA CATIVOU OS ANTIGOS ROMANOS, QUE PENSABAN ASOMARSE Á FIN DO MUNDO CANDO CONTEMPLARON DENDE OS SEUS ESCARPADOS ANCANTILADOS O AFUNDIMENTO DO SOL NO OCEANO. O CABO FISTERRA, PATRIMONIO EUROPEO DENDE O 2007, E UN DOS ENCLAVES MITICOS DA COSTA DA MORTE







As 223 vitimas de naufraxios nos últimos 200 anos xustifican sobradamente por que o extenso tramo litoral comprendido entre os concellos coruñeses de Malpica e Fisterra traspasaron fronteiras baixo a denominación de COSTA DA MORTE. Terra de misterios e de lendas, a personalidade desta supracomarca está estreitamente ligada ao mar e á artesania tracional. Se viaxas en familia, o recomendable é realizares o traxecto en coche, gozando da paixase costeira e dos seus 37 quilómetros de praias. Pero se o que buscas son actividades con altas doses de adrenalina, existen itinerarios específicos para percorrer a zona en 4x4, a cabalo ou en mountais-bike, así como a posiblididade de sacarlles partido ás súas augas, ideais para a práctica do surf (a praia fisterrá de Rostro é idónea), bodyboard ou submarinismo


Reinventamos as rutas tradicionais e comezamos polo sur, na fin do mundo.



FISTERRA, O LUGAR DO MITO. Un paseo polo seu porto, onde aparcamos o coche para continuar o percorrido a pé, permitenos contemplar as distintas actividades desta vila mariñeira. A frota está formada por pequenos barcos de baixura que utilizan diversas artes de pesca, e atopámonos con pecadores que regresan de faenar e se esmeran na reparación das súas redes. Chama a nosa atención unha enorme áncora pintada de negro: está colocada en recordo do naufraxio do Casón, un dos moitos da tráxica historia desta rexión. No Museo da Pesca, instalado no Castelo de San Carlos, unha foraleza do século XVII, coñecemos os detalles da actividade pesqueira da localidade


Xusto despois, dende a praza de Ara Solis, tornamos a dirección oeste, cara á igrexa parroquial de Santa maría das Areas, na que se encontra a imaxe do Santo Cristo, á que se lle atribuiron unha morea de historias de milagres o poderes sobrenaturais. Continuamos pola estrada que leva ao faro, un percorrido duns tres quilómetros que nos ofrece excelentes vistas sobre as illas Lobeiras ou o monte Pindo, e unha boa panorámica dos cubos de cemiterio proxectado polo arquitecto César Portela. Xa no edificio do faro, construído en 1853, visitamos as exposicións cuturais que acolle actualmente en on perdemos a oportunidade de subir á lanterna




Sobre un promontorio máis elevado destaca O semáforo www.osemaforo.com, antigo centro de sinais do cabo Fisterra, reconvertido agora nun innovador hotel a 143 metros sobre o nivel do mar. Fai coincidir esta subida ao faro coa tardiña e revive a emoción dos lexionarios romanos co sol poñendose sobre o Atlántico. Vaiche fascinar



pedra de abalar

UN MUSEO MOI ESPECIAL.- Seguimos cara ao norte, camiño do concellode Camariñas. No traxecto, facemos escala na pequena vila de lires, onde nos sorprende a abundancia de fermosos hórreos e construcións tradicionais, asi como que se encontre agochado no fondo dunha pequena ría, con lugares pouco frecuentados, como o areal de Nemiña. tamén aproveitamos para parar en Muxía no santuario da Virxe da Barca, que cada no reune a centos de devotos., sitúase a Pedra de Abalar ligada a crenzas adiviñadoras e ao cumprimento dalgunha promesa


En Camariñas gozamos dunha interesante xornada turística: practicamos senderismo percorrendo os cinco quilometros da ruta dos Muiños, un camiño cun tramo de calzada romana que comeza e termina na ponte do Porto que que garda vellos muiños de granito, coutos troiteiros, refuxios de pescadores e merendeiros



Sobre a bicicleta, achegámonos a cabo Vilano e, como non, perdémonos pola localidade para ver traballar en directo as artesás palilleiras do famoso encaixe e para contemplarmos cómo os seus dedos manexan habilmente os fios ao ritmo do seu son característico. ¿Unha curiosidade? Na parroquia de Camelle coñecemos a historia de Manfred, un bohemio alemán falecido no 2002 que durante trinta anos foi reunindo no mar esculturas realizados por el mesmo a partir de distintos mareriais, dispostas en todo tipo de formas e pintadas doutras tantas cores. Imprescindible



MAREAS VIDAS. En xuño, Marpica celebra unha das súas romarías máis significativas: as festas de San Adrian do Mar. Poñemos rumbo ao norte dispostos a empaparnos do ambiente festivo que inunda as súas rúas durante estes días. Antes evocamos imaxes da mítica serie televisiva Mareas vivas na vila de Laxe, onde foron rodados os exteriores da ficticia vila de Portozás. Tamén visitamos a lagoa de Traba, de tipo litoral e que acolle unha ampla variedade de flora e fauna. No panel interpretativo situado nas inmediacións coñecemos con detalle o ecosistema que a habita, con garzas, parrulos e gaivotas


Malpica sorpréndenos pola curiosa morfoloxía do seu núcleo de poboación; as casas están colgadas das pedras, con vistas ao porto e ás augas do Atlántico, entre ruelas estreitas e imposibles


Co bo tempo, o ideal é gozar da súa gastronomía nalgunha das terrazas da praia ou coñecer o seu ambiente nocturno a través da concorrida Ruta da Parrochiña, que inclúe algúns dos locais de música máis animados da Costa de More


Non deas por finalizada esta escapada sen facerte con algunha peza de cerámica de Buño


Al aldea con maior tradición oleira de Galicia sitúase a un nove quilómetros de Malpica e nela aséntase unha chea de tendas e centros conde podemos botarlles unha ollada ás distintas pezas. A maior parte dos establecementos son tamén obradoiros, de maneira que, nalgúns deles, presenciamos en vivo o traballo dos artesáns

No hay comentarios: