jueves, 5 de enero de 2012

HOXE NOS DEIXOU ISAAC DIAZ PARDO




QUE BOAS LEMBRANZAS NOS DEIXAS ISAAC! DESCANSA EN PAZ






Isaac Díaz Pardo (1920-2012). Biografía

Isaac Díaz Pardo naceu o 22 de agosto de 1920 na casa da Tumbona, na rúa das Hortas de Santiago de Compostela.

Intelectual galeguista, pintor, ceramista, diseñador, editor e empresario, Díaz Pardo tivo unha educación multidisciplinar e moi marcada polo contacto que mantivo cos máis importantes galeguistas que durante a súa infancia frecuentaban o taller de seu pai, o pintor e escenógrafo Camilo Díaz Valiño. Seu pai era un membro activo das Irmanades da Fala que foi asasinado en 1936, pero ata ese momento polo seu taller pasaron amigos da talla de Otero Pedrayo, Castelao, Cabanillas, Risco, Asorey, Blanco Amor e Anton e Ramón Vilar Ponte, entre outros.

Cando seu pai foi asasinado polos sublevados ao pouco de comezar a Guerra Civil, Isaac Díaz Pardo estudaba bacharelato e pretendía estudar Arquitectura. Os acontecementos racharon os seus soños e para salvar a vida tivo que esconderse na casa de seu tío Indalecio e despois traballar como rotulista nunha empresa de pintura industrial da Coruña.

Ao rematar a Guerra, consegue unha bolsa da Deputación da Coruña coa que poido estudar na Real Academia de Bellas Artes de San Fernándo en Madrid, entre 1939 e 1942, e complementa a súa información cunha viaxe a Italia ao rematar a carreira.

Ao regreso de Italia, logra unha plaza de profesor auxiliar de debuxo na Escola Superior de Bellas Artes de San Jordi de Barcelona e comeza a expoñer nas principais cidades españolas.

No ano 1948, abandona as artes plásticas e comeza a súa obra de ceramista montando unha planta industrial en O Castro de Samoedo, preto de Sada. Alí, ensaiando con materias primas utilizadas no antigo Sargadelos, produce unha porcelana de excelente calidade.

En 1955 viaxa por primera vez a Arxentina, onde coñece os intelectual galegos exiliados. Será alí onde inicia outra experiencia industrial de cerámica: La Magadalena. Co apoio de Luis Seoane e outros intelectuais galegos exiliados crea o Laboratorio de Formas en La Magadalena, a uns 100 quilómetros de Bos Aires, e proxecta unha serie de empresas recuperadoras da memoria histórica de Galicia que anos máis tarde podería converter en realidade, como a restauración de Sargadelos o seu Seminario de Investigación, o Museo Carlos Maside, Ediciós do Castro, o Seminario de Estudos Galegos, o Laboratorio de Industria e Comunicación ou o Instituto Galego de Información.

No eido literario, Díaz Pardo non se limitou a manter unha editorial. Díaz Pardo tamén era un escritor que cultivou diferentes xéneros: teatro, crítica, ensaio ou cartaces de cegos, sen esquecer unha continúa prenza nos medios de comunicación a través de colaracións con diferentes xornais para os que elaboraba artigos de opinión.

Como entre a súa produción literaria habería que detacar entre outros libros: Xente do meu rueiro, Buenos Aires 1954, Midas. O ángulo de pedra, Buenos Aires; El ceramista Arranz y su escuela, A coruña, 1960; Galicia Hoy, en colaboración con Luís Seoane, París, 1965; Paco Pixiñas, en colaboración con Celso Emilio Ferreiro, cartel de cego, A Coruña, 1970; A Nave espacial, cartel de cego, A Coruña, 1970; El Marqués de Sargadelos, cartel de cego, A Coruña, 1970; Castelao, cartel de cego, A Coruña, 1985; Galicia hoy y el resto del mundo, A Coruña, 1987," además de diversos trabajos periodísticos, principalmente de historia contemporánea".

En 2009, recibiu a “Medalla de Ouro al Mérito en las Bellas Artes de España”. Este non foi o único galardón; súa longa, fructífera e variada creación levouno a recibir moitas distincións e recoñecementos: Pedrón de Ouro (1976), Medalla de Oro e Hijo Predilecto de la ciudad de Santiago de Compostela (1988), Premio Otero Pedrayo de las Diputaciones Provinciales (1990), Insignia de Oro (1991) y Doctor Honoris Causa (1992) por la Universidad de Santiago de Compostela, Premio Trasalba de la Fundación Otero Pedrayo (1993), Vieira de Plata del Patronato de la Cultura Gallega de Montevideo (1995), Doutor Honoris Causa pola Universidade da Coruña (2007), entre outros moitos.

2 comentarios:

Enric Batiste dijo...

El adolescente Isaac está solo y marcado; Galicia, en manos de los sublevados, es la víctima seminal de una guerra callada. "Para entenderlo hay que comprender el siglo XX en España y en Europa", explica Suso de Toro.

Hoy lloro esa Galicia que me eseña

ines dijo...

Así es Enric, se nos están marchando una pandilla de "adolescentes", más jóvenes y lúcidos que la mayoría de los "intelectuales" de hoy, pero la vida es así- como el dijo cuando lo llevaron al hospital "doctor deme pastillas para morir, no me las de para vivir que ya he vivido bastante"

Un biquiño