miércoles, 16 de marzo de 2011
FLORECECHES NO MAR...
Pois si...
Como dicía Martín Codax
ondas do mar de Vigo...
Lola criouse no mar, cando o mar chegaba á porta da casa.
Lembraba cando os submariños alemáns chegaban á base naval agochados, cando a Base aínda non pechara as portas aos veciños.
Fomos ficando sós
o Mar o barco e mais nós
Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco
Roubáronnos o vento
Aquel veleiro que se evadeu
pola corda floxa d' o horizonte
Este oucéano destracou d' as costas
e os ventos d' a Roseta
ouretáronse ao esquenzo
As nosas soedades
veñen de tan lonxe
como as horas d' o reloxe
Pero tamén sabemos a maniobra
d' os navíos que fondean
a sotavento d’ unha singradura
N' o cuadrante estantío d' as estrelas
ficou parada esta hora:
O cadavre d' o Mar
fixo d' o barco un cadaleito
Fume de pipa Saudade
Noite Silenzo Frío
E ficamos nós sós
sin o Mar e sin o barco
nós.
poema de MANUEL ANTONIO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario