miércoles, 5 de enero de 2011

OS NOSOS TRASNOS



Estou a ler, un pouco abraiada, que alguén atopou algún trasno nas súas xanelas con papeletas pedindo votos. Eu diría que eses non son os nosos verdadeiros trasnos, mais ben iso parecen trasnadas dos políticos. Os nosos trasnos son pequenos seres intelixentes. Viven nas fragas, alimentanse do que lles da a nai natureza. Comen castañas, fungos, amorodos e todos tipo de froitos.

Cando un trasno se namora busca, con moito adianto, o sitio máis fermoso onde facer a súa casa. O lugar debe estar rodeado de vexetación, se pode ser a beira dun río para que os seus futuros fillos xoguen coas ninfas das augas.

Anunciada a voda tódolos compañeiros artesáns acuden para facer a casa.

As toupeiras fan os alicerces,

os coellos axustan os baixos.

Mentras o paxaro carpinteiro fai as fiestras e os mobles

os vagalumes colocan os puntos de luz e...

cando o cuco sae da caixa roubada a festa comeza.


Chega o trasno sorrinte

Ah, parece que a sua vestimenta non é moi axeitada para unha voda... seica de tanto sorrir está un pouco tolo

O trasno avarento pasou toda a noite na procura da moeda máis pequena para traer de agasallo



¿Que lle pasa a OsWaldiño? Non vos preocupedes, ten un mal que pronto pasará. É un secredo a voces "está namorado da noiva"


Breixiño trae como agasallo FELICIDADE
Pedro contará contos
Merlin CONSELLOS


Sumiso pedirá traballo e paciencia


Benfeitiño desexa sabiduría para os descendentes


CUINQUEDO so ven despedirse, marcha con seus cans e gatos ao mundo do imposible


Ehhhhhhhh ¿Que facedes vos? Os trasnos non beben!

No hay comentarios: