sábado, 8 de enero de 2011
O Parque temático en Castrelos que proxecta Abel Caballero é ilegal
Costará 1 millón de euros
Castrelos albergará el parque temático "más importante de Galicia"
Ocupará 10.000 metros cuadrados y se justifica "por la gran demanda de los ciudadanos" ha dicho Caballero
------------------------------
¿Sigue Abel Caballero con su discurso "minifundista" de confrontación Norte-Sur? Uno en el Vaticano y el otro nos lo han mandado para aqui. Supongo que no seré yo sola a la que le asquee dicho discurso. El caso es estar en contra de todo. Acabo de ver esta entrada en VIGO BLOG, que reproduzco, porque le dará pie a una nueva campaña de LLOROS Y QUEJAS
O parque de Castrelos de Vigo está declarado como Ben de Interese Cultural, máxima figura de protección legal que a lexislación española ten para un elemento histórico. Está declarado xardín histórico e se protexe, ademais do pazo e dos Xardíns dentro dos muros deste, o parque e tódolos seus elementos.
O parque está, ademais, catalogado como de protección integral no vixente Plan Xeral de Ordenación Municipal e sometido ás ordenanzas que para esta catalogación dispoñen as súas normas urbanísticas.
Tales declaracións significan que non é posible realizar ningunha modificación que vaia máis alá da súa conservación e mantemento, canto menos mentras non se aprobe un Plan Especial de Protección previsto na normativa citada, no que se contemplen, no seu caso, reformas ou actuacións que modifiquen os seus elementos protexidos.
A lexislación española nesta materia trata xustamente de impedir que coxunturas ou ocorrencias dos gobernantes de turno -como no caso do "Parque temático" que Abel Caballero pretende montar no parque de Castrelos- poidan afectar aos bens protexidos e modificar os valores que o lexislador quixo preservar para as futuras xeracións. Ademais, para o caso que nos ocupa, a creación dunha infraestructura de xogo como a proxectada por Caballero, requiriría, en todo caso, a previa e obrigatoria autorización da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, organismo legalmente competente para a preservación dos bens do patrimonio cultural de Galicia expresamente declarados.
Toda a actuación que se faga neste ámbito protexido, que non teña a previa autorización da Xunta de Galicia e que non teña en conta a norma que os protexe é ilegal. E a actuación que pretende Caballero realizar á brava, nada menos que ocupando 10.428 m2 (o 5% da súa superficie), sen considerar nin a declaración como Ben de Interese Cultural do parque, nin a calificación como de protección integral recollida no PXOM, é ilegal e debe ser denunciada e, no caso de persistir conscientemente na ilegalidade, procesados os seus promotores por prevaricación.
No uso da legalidade, Caballero utiliza un dobre raseiro. Parécenos moi ben que se paralicen as obras electoraleiras de Corina Porro no Porto de Vigo, ao consideralas ilegais por non figurar no Plan Especial do Porto. Pero esa mesma vara de medir tense que aplicar aos ámbitos que están baixo a xurisdicción da "Alcaldía de Vigo" que, como no caso de Castrelos, requiren, para realizaren neles obras, máis alá das de mera conservación, un procedemento especial contemplado nas Leis do Patrimonio histórico español e galego e na propia norma urbanística municipal, o PXOM. Un procedemento que -vista a inminencia anunciada no inicio das obras para xaneiro- Caballero está disposto a saltarse á torera.
E non valerá que cando a Xunta de Galicia, no seu obrigado cumprimento da legalidade vixente -que lle recordaremos dende aquí se fai deixación do mesmo-, ordee a paralización das obras, apelar a complots contra as obras do alcalde por parte do PP, como xa fixo durante as irregulares obras realizadas pola alcaldía no contorno do xacemento arqueolóxico do Castro de Vigo para instalar a escultura do bicentenario. Cando chegue a obrigada paralización, esixiremos o cumprimento da lei e o sometemento do alcalde ao estado de Dereito, cerne da democracia e garantía de seguridade xurídica para os cidadáns fronte á arbitrariedade dos gobernantes de turno.
E todo isto, sen entrar no fondo da cuestión: a terrible constatación de que aos nosos gobernantes, sexan do bi-goberno ou da oposición, con tal de ofrecer caras obriñas para os seus eleitores menos formados, dálles igoal o patrimonio común ou a legalidade, sexa esta a que protexe o parque de Castrelos, os edificios históricos do Casco Vello ou os tradicionais pavimentos dese barrio protexidos polo PEPRI Casco Vello.
E así nos vai.
Publicado por Pablo Eifonso en 27.12.10
(y no hablo de lo que han hecho con nosotros!...cuidado cuando coman chinchulines)
Pablo Eifonso dijo...
Comentario enviado a Faro de Vigo:
As obras proxectadas non poden ser executadas legalmente pois non son nin de conservación nin de mantemento, as únicas permitidas conforme á normativa do Plan xeral vixente que cataloga esta zona como de "protección integral". Só se poden realizar obras de reforma como a que se plantea con este megaparqueinfantil, se estivesen previstas nun plan especial de protección (que non existe). Nestas condicións, a Xunta de Galicia non pode autorizar -agás retorcemento grave da legalidade- estas obras. ¿Por que se empeña o alcalde en realizalas? ¿Está mal asesorado?. Persistir en seguir adiante coa contratación das obras só pode ter unha finalidade que nada ten que ver coa suposta mellora deste espazo urbano patrimonial: por unha banda, quérese utilizar a máis que previsible non autorización das obras por parte de Galicia para abanear de novo á poboación co "productivo" discurso viguista do mal que nos trata a Xunta de Galicia -confundindo os intereses particulares dun grupo de persoas determinado co do conxunto dos vigueses-; por outra, a imposibilidade de executar o contrato unha vez que se asine coa empresa "amiga" Samyl, levaría a unha importante indemnización a esta, co cal negocio redondo: cobrar por non facer nada.
Dedíquense, por favor, a cumprir o mandato legal de protexer o noso patrimonio cultural conservándoo e manténdoo nas mellores condicións posibles para poderllo deixar con tódolos seus valores intactos ás xeracións futuras, e déixense de terribles ocorrencias. O noso patrimonio non é a finca privada de ningún goberno municipal: por eso, para protexelo das veleidades do gobernante de turno, o Estado de Dereito impide actuar á brava e obriga a un complexo e longo procedemento para modificar os nosos bens culturais. Cumpran coa legalidade e, se nono fan, esixámoslles as responsabilidades penais que tal acción supón.
Pablo Eifonso, Vigoblog.
MI COMENTARIO- ¿ A quien podemos pedir daños y perjuicios? Los ciudadanos asistimos estupefactos a todas las acusaciones de culpabilidad, porque culpables somos de aguantar todo lo que estamos sufriendo. Si al final de cada "mandato" pudieramos exigir cuentas de todos los "estudios" y "proyectos" -fallidos- que hacen los políticos- con la única finalidad de darse AUTOBOMBO...Si pudieramos exigir que nos explicaran la finalidad de llevar a cabo obras faraonicas como LA CIUDAD DE LA CULTURA o el AEROPUERTO DE CIUDAD REAL y tantas, tantas otras...Ay si pudieramos!
NO ES DE SENTIDO COMUN, Sr Alcalde, que nuestra comunidad tenga tres aeropuertos internacionales, NO LO ES, por mucho que usted pretenda explicar "robos" y mucho me temo que por mucho que usted patalee, los vigueses ya hemos consolidado OPORTO como nuestro aeropuerto de salidas internacionales- Llevan muchos años trabajando con sentido común y "deshacer" eso va a ser una tarea dificil. Quiero aclararle Sr Alcalde, que parece que usted lo olvida, que cada vez que usted paga proyectos, subvenciona, etc NO ES DINERO SUYO, es de los pringados contribuyentes, por lo tanto dar dinero a COMPAÑIAS AEREAS es como si estuvieramos pagando las vacaciones a nuestros convecinos.
PIDO MI DESEO PARA EL 2011
UN ALCALDE ROBOTICO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario