sábado, 15 de mayo de 2010
CONXURO DA QUEIMADA
Subdesenrolo e maxinación
asoballamento e emigración:
incultura e caciquismo.
Terra esquecida polo centralismo,
Terra húmida de forzas estrañas
Terra fragosa de lobos e alimañas
Mar embravecida que engulima as persoas
Sementeira de orfos, mar de galernas
Nai rica á que lle impediron mante-los fillos
Nai empobrecida, espoliada polos máis pillos.
Odios vinganzas e rencores,
engarifas e falsos amores;
consecuencia, asoballamentos
e explotacións dos indefensos,
arrogancias e intransixencias;
rutina, desencanto e apatías,
finximentos e hipocresías;
transfuguismos e corrupcións,
apoltronamento e especulacións
fórmulas máxicas e ritos baleiros;
envexas e menosprezo dos compañeiros,
apego ós cartos e acomodamento;
medo ós cambios e estancamentos,
desprezo da lingua e da propia Terra,
andar polas nubes sen se encarnar nela.
Obras de trasnos, de demos e diaños,
que nos entangarañaron ó longo dos anos.
Obras todas de teimadas bruxas
que enfeitizan cos ollos de curuxas,
e refungan o ben sementando ruindades,
guerras, escurantismos e tempestades
Que na lapa desta queimada
ardades ata que non quede nada
Que este lume purificador xarxee de todo o malfeitor,
queime tódalas malas fadas,
acabe con tódalas malas fadas,
tódalas bruxas malvadas
Que este fogo que nos arrequenta
sexa espíritu e forza que nos alenta
Que o gozo deste compartido bebraxe
faga medra-lo esprito e mailo coraxe
Que ó participarmos todos dun mesmo viño
sexamos máis solidarios no noso camiño
Que, morta a bruxa, rexurda a boa fada,
símbolo dunha Galiza forte e renovada,
peculiar na súa identidade
que a todos acolle en fraternidade
E que o alcohol non nos turbe os sentimentos
para lembrarnos dos tristes e mais dos famentos
Comentario- Este conxuro atopeino no libro de Xosé Antonio Fidalgo Santamariña -"os saberes tradicionais dos galegos". As orixes do mesmo son "texto recollido nunha mesa, folla mecanografada, sen data e sen asinar, ano 1995
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario