martes, 21 de marzo de 2017

poemas de ausencia



 Hoxe desexo, tanto coma Ulises, atopar unha barca que me leve
ás costas de Galicia. Son prisioneiro dunha forza estraña.
Navegamos a cegas por ríos diferentes
e o noso canto retumba nas confíns da saudade,
os dous loitamos con yatagáns de aceiro contra o tempo,
o teu xa tan precioso, o meu aínda vago, fuxidío
que me acoitela en tódolos recantos.
 
¡E esa dor de non verte, meu amigo!


Antón Avilés de Taramancos

No hay comentarios: