jueves, 24 de mayo de 2012

GALICIA OU GALIZA


  Viveiro -Lugo




Onte recibin este comentario:
 Vivero??? Meu deus as burradas que hai que leer, e tamén Panjon, Tierra Llana, Puertonuevo, El Porrito...ou? Que maneira de esnaquizar un tema delicioso e unhas fermosas pinturas.
Eu respostei:

Tes razón, pero así que como ven na wikipedia e non correxín- Tamén non está ben o de española, Non? A propósito non se di leer - é LER- Un biquiño e grazas polo comentario

 Non é unha resposta con (m.h.)xa me pasou o momento da carraxe por estas cousas, hai  ben pouco eu tería feito o mesmo. Como se mide o amor pola terra? Non se é máis ou menos galega por cantar o noso hino máis alto ou por insultar ao que non pensa coma ti.  Eu, quixera...xa non sei, estou a pasar un momento de decepción por todo. O mellor sería que estiveramos a vivir unha catarsis e de ahí xurdira un "todos a unha".  Unha Galicia nova.  (Galicia ou Galiza, tanto me ten)



Ferrín: “Paz Andrade sabía que non pode haber unha Galicia sen prosperidade”


 Que curioso,  cando fala no vídeo, Alfonso, o fillo de Paz Andrade, e di "eu non sabía", síntome reconfortada.  Moito tardou a democracia e foron moitos anos de ocultación, se o proprio fillo non sabía que imos coñecer nós. 

No hay comentarios: