lunes, 30 de mayo de 2011

OS RATOS- CELSO EMILIO FERREIRO



Un rato é unha cousa que se move,
unha cousa que vive nos sobrados
e ten un corazón pequerrechiño
e dos ollos de vidro sempre acesos.

Unha cousa que vai furando as tebras,
xurde correndo, pasa, fuxe, líscase.
Un rato é unha cousa que está viva
un intre só, despois non é nada,
sombra nas sombras mestas dos buratos.

A noite é un burato sen orelas
pra os homes, tristes ratos sin acougo.


Un home é unha cousa que cavila,
cismando sempre, sempre amargurado,
fuxindo de outras cousas que rebulen,
revolvendo papeis,
decote rebulindo,
sempre con presas, atafegado sempre,
camiña, chouta, avanta nos buratos,
nos sobrados do mundo,
nas estradas da vida,
nas pedras,
no vento,
nas rúas,
nos seos das mulleres.


Un rato é unha cousa que se move



Escóitame Walt Disney ¿Onde estabas
que os meus soños de pombas non te viron
cando o meu corazón inda era nero
e había carabeles nos meus ollos?

No hay comentarios: