viernes, 27 de noviembre de 2015

FINOU NEIRA VILAS

http://www.lavozdegalicia.es/video/cultura/2015/11/27/historias-neno-labrego/00311448634943314294446.htm





O escritor dezano Xosé Neira Vilas finou a pasada noite na súa casa de Gres, Vila de Cruces. Tiña 87 anos e foi autor dun libro esencial nas letras galegas, Memorias dun neno labrego. O corpo do escritor velouse esta tarde na intimidade familiar na Fundación que leva o seu nome, para posteriormente ser trasladado a Santiago, ao Panteón dos Galegos Ilustres, onde se instalou a capela ardente aberta ao público. O enterro terá lugar na súa localidade natal de Gres ás 17.30 horas do sábado.