domingo, 24 de agosto de 2014

VAI LAXEIRO PARA SANTIAGO?


Me acaba de llamar mi amiga Berta, de Lalín.... Eh, ti sabes que queren trasladar a Laxeiro ao panteón de homes ilustres? Así mo espetou sen darme tempo nin a respirar...

Manda carallo no habana!  Van quedar Luisa e Lala soas? Preguntei..

Seica si, e non creas que non me preocupa...

Lembreime unha vez máis cando iamos a Lalin e ao pasar polo cemiterio Laxeiro berraba..Para, para! Eu entraba con el e diante da tumba, daquela so estaba Lala, Laxeiro eh actitude reverente rezaba:  "Laliña, que soa estás,  mais non te preocupes que eu non tardearei moito e cando chegue botamos un polvo que imos espertar ao resto dos difuntos"-

Despois morreu Luisa e aínda que Laxeiro pensou que iría para a súa parroquia, ficou ao carón de Lala.... e por fin chegou a túa hora. Menos mal que xa non podías berrar. Vestironte de momia, non permitiron que chegaras xunto a elas vestido de LAXEIRO. Tamén chupache misas, bueno, en Lalín o Crespo portouse como un home de ben e dixo que fora a igrexa que quixera pero que ti ficabas no museo.  Eu tampouco fun capaz de sacarche o dedo por un buraco da caixa  polo tanto non quedou expresado o teu desexo de "ide todos a tomar polo cu"

Agora, o que nos preocupa a Berta e a min e que vai a acontecer se te levan para Santiago. Pelexarán? 

Amigo Laxeiro, xa sei que estades todos ben- Berta anuncioume que está conectada con todos vós. Tampoco me interesou saber mais porque polo visto non hai cotilleo nese nirvana no que estades,  Espero que polo menos riades, e riades ao mirarnos a todos... e agora que o penso...Cando vaias para a capital teremos que dicir DON LAXEIRO?

Eeeeeeh temos que manifestarnos berraba a miña amiga Berta polo telefono.   Querida amiga, EU XA TEÑO O DEDO TESO TAMEN


VOA, VOA AMIGO