miércoles, 8 de diciembre de 2010

Manuel Ángel Álvarez






(15 de febreiro de 1855-1 de setembro de 1921) : A Guarda (Pontevedra)

De familia acomodada, xa de novo deu mostras de inquedanzas artísticas. Ao acabar o bacherelato deixou os estudios para adicarse de cheo a súa paixón: a PINTURA. En 1873 foi a Madrid a estudiar nunha famosa academia coa axuda dos cartos que lle mandaba o seu irmán de Cuba. En 1875 el mesmo foi a aquela Antilla. Ali seguiu adicandose á pintura acadando certa fama, tanto en Cuba coma en Porto Rico. En 1881 voltou a España quedando definitivamente en Madrid. Alí continuou a súa carreira participando en numerosas exposicións e certames nacionais. Miguel Ángel destacou como pintor de temas costumbristas e históricos, aínda que foi o retrato o que mas cultivou, sen dúbida debido a grande cantidade de encargos que recibía. A pesar de todo iso nunca chegou a ter un grande éxito económico como pintor, de feito tuvo que traballar tamén coma redactor artístico dos periódicos Nuevo Mundo e El Liberal, e como ilustrador de "Casa Calleja".

No hay comentarios: