Sobre a acusación de OSCURANTISMO nas contas de PODEMOS en Galicia, busquei a Web de transparencia e non a atopei, así que preguntei sobre o caso. Aqui teño a resposta:
Podemos Galicia defiende las contrataciones y niega oscurantismo en las cuentas
La formación argumenta que la decisión se tomó por los cauces reglamentarios y que los salarios los fija la estatal
A. Breogán Riobóo Lois
Secretario Xeral de PODEMOS Galicia
Pódoche dicir que transparencia toda.
En reunión do CCG o 30 de xullo apróbase con un único voto en contra a contratación de 5 persoas en Galicia, único territorio no Estado onde Podemos non ten ata ese intre ningunha persoa adicaba en exclusiva á organización.
Aprobase que o Secretario Xeral estea a xornada completa e que 4 persoas máis (3 persoas da Mesa Cidadá e a Responsable de Finanzas de Galicia) estean a media xornada.
O departamento de RRHH está en Madrid e dende alí teñen que validar as contratacións e tramitar os contratos, a primeira persoa en estar de alta son eu mesmo que o día 7 de agosto comezo a cotizar, despois de ampliar a miña excedencia no traballo (son teleoperador), o resto de contratos non se dan de alta ata días ou semanas despois, porque hai xente que está en situación de primeiro emprego e non tiña todos os datos necesarios para formalizar o contrato.
Eu mesmo asino o meu propio contrato en setembro, concretamente o 1 de setembro á noite, día que volto de Madrid dun Consello Cidadán Estatal que tivo lugar o domingo 30 de agosto e polo tanto o día 2 mándoo asinado.
Dígoche ademais que dende o 10 de abril ata o 31 de maio estiven contrato por Podemos Estatal para colaborar na campaña electoral das autonómicas, concretamente na área de argumentarios. De aí que estivera de excedencia dende o 9 de abril na miña empresa...
Dende o 1 de maio e ata o 7 de agosto estiven no paro gastando da prestación que tiña acumulada e cobrando menos do que cobraba na miña empresa...
Os únicos ingresos que teño de Podemos aparte dese mes e medio de traballo son reembolsos de gastos por desprazamentos, no que ademais é totalmente falso que se me pagaran viaxes de avión, xa que non collín ningún para facer nada de Podemos e sí que collín moitos trens, moitas viaxes en coche e incluso algunhas viaxes en bus de madrugada a Madrid, sen durmir moito e chegando alí ás 6 da mañá para comezar reunións ás 10:00 por exemplo
Como ves non teño inconvinte en contalo todo abertamente, e por suposto, se queres e cres que isto che vale para facer unha publicación, podes facela sen aludir a cal foi a fonte, por min non hai problema en que publiques nin en que preguntes cando teñas algunha dúbida.
Un saúdo!
A. Breogán Riobóo Lois
Secretario Xeral de PODEMOS Galicia
sg@galiza.podemos.info
No hay comentarios:
Publicar un comentario