miércoles, 28 de agosto de 2013

ELSA E VITO CASARON








Hoxe leo na VOZ DE GALICIA a nova que casaron Elsa Ares e Vito Bernardi, Ela unha rapaza galega e el un mozo italiano, de Sicilia.  O asunto no tería moita importancia se non fora que casaron polo rito CELTA.

 O caso é que se miramos a prensa parece que todos nos levamos mal e para min resultou un descanso para a mente mirar como os SOLDADOS ROMANOS chegaron a aldea Celta de Cervo e foron ben recibidos.  Os namorados chegaron montados a cabalo e o druida Juan Gabriel deulles a bendición na FONTE DA TELLA. 

 Os fillos de ámbolos dous noivos acompañaron aos seus pais na ceremonia.  Despois de beber abundantemente a pócima máxica todos marcharon a danzar a O ZOCO até a saída do sol

MEUS PARABENS A PARELLA

No hay comentarios: