Desde a rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” consideramos lamentábel a campaña contra o auto de paralización das obras do Areal.
Esta campaña, orquestrada pola Autoridade Portuaria de Vigo e apoiada polos mesmos empresarios que forman parte do seu Consello de Administración, intenta presionar para que a xuíza levante a paralización das obras, saltándose toda a legalidade vixente co único argumento de que “prexudica os intereses de Vigo” cando o que prexudica realmente son os seus propios intereses.
O que lemos estes días na prensa asemella unha esperpéntica campaña de apoloxía da prevaricación, por parte dalgúns empresarios portuarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario